AVISO

Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

jueves, 26 de enero de 2012

AUTOR: A FURADA DO TRASNO

TERÇA-FEIRA, 17 DE JANEIRO DE 2012

Cada vez somos menos e máis vellos
En 2002 Galicia representaba o 6, 58% da poboación española. Se ben nestes dez anos a poboación galega se incrementou -en 2012 somos o 1,31% máis dos que éramos en 2002- fíxoo a un ritmo moito menor que o conxunto de España -en 2012 hai un 12,77% máis de españois dos que había en 2002-. O resultado é que o actual peso demográfico de Galicia no conxunto do Estado é do 5,91%.

Evolución demográfica de España 2002/2010
En Galicia, incluso nos anos de máis crecemento, os incrementos foron moito máis modestos. E o que é peor, nos tres últimos anos, dende 2009, estamos xa perdendo poboación. En 2002 eramos 2.693.733 h., chegamos a ser 2.738.930 h. en 2009, para baixar en 2012 ata os 2.728.905 h.

É evidente que tanto o estancamento no crecemento demográfico español como o descenso no caso galego son o resultado de tres fenómenos paralelos.

O primeiro é a moita menor chegada de inmigrantes de fóra da Unión Europea, especialmente latinoamericanos , motivada polas taxas de paro que sufrimos en España.

O segundo, o retorno aos seus países de orixe de inmigrantes que tiñan chagado a mediados da década pasada; tamén neste caso maioritariamente latinoamericanos, consecuencia da crise de aquí e da recuperación económica que se está producindo alí, sobre todo en Perú, Brasil e Arxentina, pero tamén no resto de países suramericanos.

E o terceiro fenómeno, quizás o máis importante, é a saída de españois a buscar fóra o traballo que non atopan aquí. Como ocorreu sempre en tódolos fenómenos migratorios, a poboación que sae é a máis nova. A diferenza da actual xeira a respecto de outras saídas masivas, das que tanto sabemos en Galicia, é que agora, polo xeral, a poboación que emigra é a mellor formada e a máis cualificada. Non fai falla engadir que iso supón a descapitalización do recurso máis importante e decisivo que ten o país, o coñecemento. O que é peor, dilapídase unha boa parte do esforzo que o país ten investido en formar a esa xeración.

A consecuencia para Galicia é unha pirámide de poboación cada vez máis descompensada. En 2002, o 20,95% da poboación superaba os 65 anos. En 2012 esa porcentaxe está xa no 22,38%. Polo contrario, a poboación máis nova, de 18 anos ou menos, que representaba en 2002 o 16,37% do total, é so o 14,96% en 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario