AVISO

Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

miércoles, 15 de febrero de 2012

A poboación galega



Presenta un crecemento demográfico pequeno cun crecemento natural negativo, compensado nos últimos anos pola chegada de inmigrantes. A distribución da poboación galega presenta unha forte concentración en cinco grandes zonas en torno a cidades: golfo Ártabro, Rías Baixas, Santiago de Compostela, Ourense e Lugo, as zonas máis desenvolvidas economicamente e este proceso de concentración urbana agudizou o contraste demográfico existente en Galicia, cun Eixo Atlántico dinámico e coas provincias de Lugo e Ourense en recesión demográfica.

A poboación española



A poboación española supera os 44 millóns de habitantes e presenta unha das taxas de natalidade máis baixas do mundo cunha mortalidade baixa. O crecemento natural da poboación española é moi débil, polo que presenta unha acusada tendencia ao avellentamento.
A esperanza de vida é unha das máis altas do mundo (77 anos para os homes e 83 para as mulleres). Case o 65% da poboación ocupada traballa no sector servizos e desde 1970 produciuse unha incorporación progesiva da muller ao traballo fóra de casa.
Actualmente presenta a taxa de desemprego máis alta da UE, un 23%, que se traduce en case 5 millóns de parados.

A poboación na UE



Case 500 millóns de persoas viven nos países que forman a Unión Europea.
A poboación crece moi pouco por mor dunha taxa de natalidade que apenas supera o 10 por mil de media e cunha taxa de fecundidade de 1,5 fillos por muller, o que non asegura a substitución xeracional.
Por iso, a característica que mellor define a poboación europea é o avellentamento. Ademais acolle unha alta porcentaxe de inmigrantes e presenta un espazo demasiado poboado ( a densidade media é e 114 hab/Km2.
Aínda que a característica máis rechamante é a súa diversidade cultural que se manifesta na riqueza das súas linguas, tradicións e costumes, gastronomía, arte, etc. O inglés é a lingua máis falada e o cristianismo a relixión maioritaria.