AVISO

Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

sábado, 17 de diciembre de 2011

Climate Change- Pronto en galego

13.12.2011 - UNESCOPRESS La bandera palestina ondea en la UNESCO


La bandera palestina fue izada hoy en la Sede de la UNESCO para simbolizar la admisión de Palestina en la Organización. El presidente de la Autoridad Palestina, Mahmud Abás, la Directora General de la UNESCO, Irina Bokova, la presidenta de la Conferencia General, Katalin Bogyay, y la del Consejo Ejecutivo, Alissandra Cummins, así como los presidentes de los grupos regionales estuvieron presentes en la ceremonia.
"Nuestra admisión (en la UNESCO) es un gran motivo de orgullo", dijo el presidente Abbas a los delegados e invitados. "Escritores, artistas e investigadores palestinos han desempeñado un papel vital en la preservación de la cultura y la identidad de nuestro pueblo. También la UNESCO ha tenido un papel fundamental y ha sido una leal aliada".

En su discurso de bienvenida a Palestina, la Directora General dijo: "la UNESCO trabaja hoy en primera línea para construir un mundo más pacífico, más democrático y más justo. La dignidad humana es nuestro punto de partida y la medida de nuestro éxito. La solidaridad es nuestra guía y nuestro objetivo".

"El multilateralismo nunca ha sido tan importante como hoy. El ingreso de Palestina como miembro de la UNESCO debe suponer para todos una oportunidad de unión en torno a valores compartidos y ambiciones de paz renovadas. Este espíritu es el que me guía a la hora de dar la bienvenida a Palestina a la UNESCO", agregó Bokova.

El 31 de octubre, la UNESCO se convirtió en el primer organismo de Naciones Unidas en admitir a Palestina como miembro de pleno derecho tras la votación de sus Estados Miembros en el seno de la Conferencia General. Con Palestina, el número de miembros de la UNESCO asciende a 195.

GaliciaHoxe.com


Mudanza climática: abandonemos os cumios do poder!
14.12.2011
MANOEL SANTOS

Para sermos francos, ninguén esperaba ren do Cumio do Clima que vén de rematar en Durban (COP17).

Ao cabo, máis de tres lustros de conversas só deixaron un feble acordo in extremis para acadar un Kioto II, a negociar a partir de 2015 e facer efectivo en 2020, isto é, na COP26! E claro, tamén algunha –xa tradicional e por suposto nada fiábel– promesa de esmola, igualmente para 2020, como a dos 100.000 millóns de dólares para o Fondo Verde para o Clima, que contrastan, como apuntan dende Ecologistas en Acción, cos 1.600.000 millóns de euros xa dados en axudas á banca só na Unión Europea.

Menos dá unha pedra, dirán algúns e algunhas. Poida que si, pero poucas horas despois do remate da interminábel xuntanza, Canadá soterraba simbolicamente calquera esperanza ao retirarse do estéril, pero único, tratado internacional para loitar contra o drama da mudanza climática.

O Protocolo de Kioto orixinal, que expira a finais do vindeiro ano –en Durban aprobouse unha dubidosa prórroga–, até agora serviu máis para concienciar a unha miúda parte da poboación mundial sobre o meirande problema da humanidade –o que non é pouco– que para reducir as emisións de gases con efecto invernadoiro, que no caso canadense son un 35 por cento superiores ás de 1990, cando deberían ser, segundo o tratado asinado, un 6 por cento inferiores. Se estes 17 anos de cumios de alto nivel diplomático pero ínfimo nivel moral deron estes patéticos resultados, por que temos que acreditar en que nos vindeiros 9 anos imos contar con solucións acaídas por parte dos poderosos?

No entanto, sendo máis que censurábel a decisión de Canadá, o certo é que está enchida de sinceridade. Kioto resulta "moi caro" para moitos Estados –os máis contaminantes e "desenvolvidos"– no curto prazo, malia que milleiros de científicos insistan en que o seu incumprimento pode xerar a meirande factura pagada pola humanidade no vindeiro século: a súa inviabilidade.

Porén, esta visión economicista da "eiva de eivas" espétase frontalmente contra unha realidade innegábel e obviada en todas e cada unha das infrutuosas COPs: non estamos diante dun problema de Estados, senón de sistema. Non debería ser unha negociación entre Estados, senón entre modelos socioeconómicos. É radicalmente imposíbel frear a mudanza climática –así como mitigar os seus efectos– se non aceptamos que o capitalismo e a supervivencia da especie humana neste noso planeta son cada día máis incompatíbeis.

Tendo en conta o anterior, acreditar nun Durban exitoso era, xa que logo, unha quimera. Se cabía esperar algo, como moito tratábase da ratificación dunha evidente diagnose elaborada anos atrás, en Copenhaguen 2009 e en Cancún 2010, que puxo de relevo que a cegueira política é directamente proporcional á ambición dos mercados e o nacionalismo de estado. De feito, nin sequera os movementos sociais pola xustiza climática, que amorean, como di o xornalista de Le Monde Hervé Kempf, "millóns de cidadáns do mundo conscientes do drama, pero non dabondo numerosos para frear o desastre", tiveron demasiada presenza en Suráfrica, por canto os e as activistas tamén van aprendendo a economizar esforzos (inútiles) e este ano que entra, o 2012, hai algunhas citas que poden ser máis proveitosas.

Chegados a este punto, hai tres cuestións que debemos resolver de Durban en diante:

Primeira. Que os habitantes do cumio da pirámide de poder humana non están, nin se espera que estarán, dispostos a ceder un chisco na súa teima por considerar o capitalismo –e con el a produción irracional e o consumo desaforado– o único sistema viábel para a humanidade. Isto fai imposíbel que deles vaia xurdir ningunha solución efectiva e, polo tanto, que das COPs que organizan poidamos esperar nada no futuro. A presenza de quen integramos o movemento mundial pola xustiza climática nestes cumios ten que rematar. A estratexia de presionar ao poder deste xeito non funciona. Supón un esforzo inútil, desmobilizador, descorazonador e, asemade, dá demasiada importancia algo que nunca a vai ter, amais de alimentar o ego de políticos indignos. Cómpren outros camiños.

Segundo. Que non abondando cos millóns de cidadáns e cidadás conscientes do drama que apuntaba Kempf, a suma de efectivos é imprescindíbel, vital, e aí deben dirixirse todos os esforzos dos e das activistas do mundo. Menos cumio e máis rúa. A mudanza climática é coma un cancro en estado de metastatización. Un cancro dos peores. Agroman e se desenvolven en traizoeiro silencio. Non doen e os seus síntomas son case imperceptíbeis. Até que non hai remedio. Isto fai a nosa misión extraordinariamente difícil. Como convencer á poboación mundial, agoniada polos múltiples problemas de hoxe, que loite para evitar os problemas de mañá?

E terceira. Que os movementos sociais do planeta conscientes da traxedia teñen que estar máis unidos, para ser máis visíbeis e máis fortes. O inimigo non é a mudanza climática. É o capitalismo, e contra el hai que reaxir con máis forza. Debemos potenciar os nosos propios espazos de loita impoñendo nós o campo de batalla. Só así seremos máis visíbeis, máis críbeis e, como resultado, máis persoas se poderan unir activamente a unha causa que é de todos e de todas. Dígoo sen rodeos. Até agora o espazo máis potente que tivemos para enfrontarnos ao inimigo estivo ao redor do proceso Foro Social Mundial e todo o que agromou de aí, dende Porto Alegre a Cochabamba. Non hai que desbotar, por suposto, ningunha iniciativa que xurda. Todo suma. Pero temos que ser prácticos e prácticas dunha vez. Urxe revitalizar, reconceptualizar e se cabe recuperar a potencialidade destes foros. Xa abonda de construír e deconstruír continuamente como sempre fixemos dende a esquerda social. Velaí a a nosa debilidade.

Urxe organizarnos en masa nas vindeiras citas, xa sexa "in situ" ou dende as nosas casas. Nunha achegada distancia. Facer o local global e o global local. Entre outras, en Porto Alegre, entre o 24 e 29 de xaneiro próximos, no Foro Social Temático: crise capitalista, xustiza social e ambiental (www.fstematico2012.org.br), para reinventar o noso mundo e poñer a crise ambiental no primeiro andar das nosas reivindicacións; e tamén en Río de Xaneiro, o vindeiro xuño, no Cumio dos Pobos Río+20 (www.rio20.net) para definirmos un novo marco de dereitos de sustentabilidade, porque non só falamos de mudanza climática, tamén de perda de biodiversidade, de contaminación masiva, de abraiante desaparición de ecosistemas. Dos nosos dereitos e dos dereitos da Nai Terra.

E apunto outra cita que pode ser de interese. Entre o 14 e 18 de setembro de 2012 está previsto, se todo vai ben, na Galiza o chamado Foro dos Foros (www.forodosforos.org), un pre-proxecto que aínda está a ser elaborado e que fará un chamamento para a construción colectiva. Trataríase dun foro de carácter temático para reflexionar sobre a metodoloxía e o futuro do proceso do FSM, xa con máis dunha década de vida, en base á experiencia dos principais foros organizados desde 2001. Un bo lugar para pescudar novos xeitos de mobilización e artellamento social, que é o que precisamos. Para sermos cada día máis.

Este artigo foi extraído do sitio web de Altermundo.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

COSTA DA MORTE

LIBROS SOBRE AS EXPEDICIÓNS POLARES





LIBROS SOBRE AS EXPEDICIÓNS POLARES


Para saber máis


ROBERT F. SCOTT, capitán da mariña británica de procedencia humilde, formou parte da expedición de Shackleton ao Polo Sur que quedou a menos de 900 km. Scott planificou a súa viaxe como unha expedición científica.

Para saber máis


ROALD AMUNDEN (1872-1928) era fillo dunha familia acomodada de comerciantes noregueses e a exploración polar convertiuse na súa profesión. Foi o primeiro en cruzar desde o Atlántico ao Pacífico polo Ártico.

16 de decembro de 1911


Os protagonistas da aventura: Amundsen, Wisting, Hassel e Helmer Hansen

100 anos da chegada de Amundsen ao Polo Sur

sábado, 3 de diciembre de 2011

ESPERO OS VOSOS COMENTARIOS

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS



Recollemos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, un documento normativo aprobado por as Nacións Unidas o 10 de Decembro de 1948 e que supuxo o recoñecemento dos dereitos das persoas con independenza da súa orixe ou da súa condición.

viernes, 2 de diciembre de 2011

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS


O 10 de decembro de 1948 os pobos do mundo dotáronse dun documento normativo "A DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS" que recoñece a existencia de dereitos imprescriptibles e inalienables en todas as persoas. Dereitos que deben ser respectados e protexidos por todos os gobernos en todo o mundo.
A súa violación debe ser perseguida e sancionada en todas partes.
Lembrar a súa vixencia e a necesidade de defendelos é tarea de todas e todos.