Data de elaboración: Informe elaborado o día 23/10/2011 ás 08h.
Comentario xeral para hoxe, 23: Durante esta xornada Galicia quedará baixo a influencia dunha borrasca cun intenso gradiente bárico que nos traerá ventos fortes e moi fortes e chuvias fortes a partir do mediodía.
Comentario xeral para mañá, 24: Logo do paso dunha fronte moi activa a situación tenderá a normalizarse en Galicia, aínda con chuvias fortes na madrugada na provincia de Ourense, quedando no resto da xornada unha situación de alerta amarela por mar de fondo.
IMAXE DA BORRASCA NO RADAR
Na imaxe represéntase a reflectividade medida polo radar (dBZ). Este produto foi xenerado a partir dun escaneo simple cunha inclinación da antena de 0.5 graos. Os resultados obtidos represéntanse nun radio de 200 km. Sobre a escala de reflectividades indícase, de forma aproximada, o carácter da intensidade da precipitación segundo a fórmula de Marshall-Palmer.
Diante desta situación METEOGALICIA puxo á comunidade en alerta amarela por “adverso metereolóxico”, fenómeno que fai referencia a unha serie de factores:
Refacho máximo de vento
Mar de vento
Precipitación 12 horas
Precipitación 1 hora
Mar de fondo
Lenda dos niveis de aviso
Nivel amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral aínda que sí para algunha actividade concreta (fenómenos meteorolóxicos habituais pero potencialmente perigosos).
Nivel laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais).
Nivel vermello: O risco meteorolóxico é extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais de intensidade excepcional).
No hay comentarios:
Publicar un comentario