AVISO

Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

lunes, 14 de octubre de 2013

O tempo para o lúns, 14 de outubro

O luns estaremos nunha situación intermedia entre o anticiclón que se estende dende Azores ata Europa Central e unha borrasca que se achega polo Atlántico e que irá influíndo progresivamente sobre Galicia. Esta configuración deixa un réxime de ventos do sudoeste que aportarán nubes e mesmo algún orballo moi feble na franxa atlántica e no sur da Comunidade pola mañá; xa pola tarde as precipitación iranse xeneralizando principalmente cara á noite. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. O ventos soprará frouxo de compoñente sur, con intervalos de moderado no litoral. Durante a noite soprará forte no litoral da provincia da Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario