AVISO
Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas
domingo, 1 de abril de 2012
FRAGAS DO EUME
A lenda conta que deus ao crear os tres ríos que nacen na serra do Xistral -Eume, Landro e Masma- prometeulle un home cada anos ao que chegase primeiro ao mar. Traizoado polos outros dous, que o deixaron atrás durmindo, o Eume tivo que cruzar vales e montes para gañar. Por iso saiu bravo e agreste e, antes da aparición dos encoros no seu cauce, tamén levaba cada ano a vida dun home.
As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Agrupadas nas beiras do río do mesmo nome (84 km de longo), a extensión arbórea é a principal mostra deste ecosistema de alta biodiversidade, o bosque atlántico, tan específico grazas á proximidade da mar e das profundas ribeiras do río, que o converteu, en 1997, en Parque Natural. Tradicionalmente foron moi explotados pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas coma estas fragas. Trátase dun espazo protexido, pero visitable, que ofrece agradables sorpresas a quen o percorre.
Ao longo das beiras de cinco concellos se extenden máis de 9.126 hectáreas de macizos forestais de diversas características. Nas terras máis próximas ao río medran bosques de ribeira baseados nos choupos e amieiros, que agochan auténticos tesouros de fieitos e musgos, específicos deste Parque, e tamén duas raras especies de narcisos. Subindo polas ladeiras dos montes, atopamos bosques de carballos, a especie mais características das Fragas do Eume.
Se ben a flora é a xoia das Fragas, tamén acollen algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e reptiles, como a píntega rabilonga, ata especies maiores, coma o lobo e o gato montés, ou diversas aves de rapiña, como o bufo real.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario