AVISO
Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas
sábado, 23 de enero de 2016
A Industria
Etiquetas:
ECONOMÍA,
Industria,
Sector Secundario
domingo, 17 de enero de 2016
Pesca, Tipos e Problemática
Etiquetas:
Pesca,
Sector Primario
Por Que o Río Tinto é Tinto?
Foto: Julio Segura Carmona
Este é un río costeiro do sur de España que está case en paralelo ao Odiel co que se une no seu final e que ten unha cor vermella dada as rocas de pirita e calcopirita que oxidadas por culpa dunhas bacterias danlle esa cor tan especial. A Historia deste río ven de lonxe, en concreto, dende a época do Bronce ( séculos XII-IX a.C) e tamén durante o Ferro xa que houbo intercambios con gregos e fenicios dos xacementos de ouro, cobre e prata da comarca mineira de Riotinto.
Posteriormente os romanos explotaron tamén estes xacementos e sendo como eran tan pragmáticos foron quen de crear multitude de galerías subterráneas e de outras inxenierías que lles permitiron seguir explotándoas cun gran rendemento. Dende ese momento ata o século XVIII as minas quedaron paradas, e posteriormente, volveron a ser reabertas tras a guerra de independencia. Finalmente, serán os británicos quen as exploten no século XIX.
Poderíades decir cales foron as consecuencias ambientais para o territorio e por que pechará a súa explotación? Que distincións se lle deron á zona? Que bens comprende?
Podedes consultar as seguintes páxinas para saber máis e ver outras imaxes igual de impactantes.
http://parquemineroderiotinto.es/
http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/
sábado, 16 de enero de 2016
Recursos Naturais e Actividades Agrarias
Etiquetas:
Agricultura,
Recursos Naturais
lunes, 11 de enero de 2016
A Beleza dos Socalcos de Arroz Chineses
Agora que estamos estudando os recursos naturais e as actividades agrarias quería que coñecésedes os maravillosos socalcos de arroz que están situados nunha provincia do sur de China ( Yunnan, en Yuanyang) e que levan sendo excavados manualmente dende fai centos de anos.
Quizáis por iso e pola súa beleza, os socalcos de arroz de Honghe foron galardonados como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2013. ( Aquí)
Dícese que hai ata mil terrazas dende o cumio da montaña ata o val e dependendo da época do ano e do momento do día as cores son miles, diferentes e brillantes. Podería ter plasmado algún pintor tanta beleza?
Todas as imaxes exceptuando a segunda que foi extraída de Wikipedia pertencen a un artigo en línea dun xornal inglés o Daily Mail ( premede aquí para ver máis imaxes)
Etiquetas:
Agricultura,
Recursos Naturais,
Socalcos
Mapa da Rede Hidrográfica Básica da Península Ibérica
Etiquetas:
Mapa Rios Península Ibérica
Sabíades que Existen os Chamados Ríos Atmosféricos?
Día 10-1-2016
Estamos na primeira quincena de xaneiro de 2016. En concreto hoxe é día 11. Este fin de semana en trinta e seis horas choveu douscentos litros de auga por metro cadrado. E .....é unha barbaridade!!!!!
A orixe, segundo explica unha noticia do xornal "La voz de Galicia" , atópase nos chamados ríos atmosféricos, que transportan humidade dende rexións que teñen moita ( como o Ecuador) a outras que non teñen tanta. Estes ríos fórmanse en altura ( a 2 km ) mentres que teñen miles de quilómetros de longo e centos de quilómetros de ancho. ( preme aquí para saber máis)
Todas as imaxes pertencen de igual maneira ao xornal citado e podedes ver moitas máis dos nocivos efectos das chuvias destes días se premedes AQUI. e AQUÍ.
l
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













