AVISO

Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

domingo, 17 de enero de 2016

Por Que o Río Tinto é Tinto?



Foto: Julio Segura Carmona


http://image.slidesharecdn.com/relieverosclimasdeandalucia-100505133519-phpapp02/95/relieve-ros-climas-de-andalucia-9-728.jpg?cb=1273066550


Este é un río costeiro do sur de España que está case en paralelo ao Odiel co que se une no seu final e que ten unha cor vermella dada as rocas de pirita e calcopirita que oxidadas por culpa dunhas bacterias danlle esa cor tan especial. A Historia deste río ven de lonxe, en concreto,  dende a época do Bronce ( séculos XII-IX a.C) e tamén durante o Ferro xa que houbo intercambios con gregos e fenicios dos xacementos de ouro, cobre  e prata da comarca mineira de Riotinto. 


Posteriormente os romanos explotaron tamén estes xacementos e sendo como eran tan pragmáticos foron quen de crear multitude de galerías subterráneas e de outras inxenierías que lles permitiron seguir explotándoas cun gran rendemento. Dende ese momento ata o século XVIII as minas quedaron paradas, e posteriormente, volveron a ser reabertas tras a guerra de independencia. Finalmente, serán os británicos quen as exploten no século XIX. 





Poderíades decir cales foron as consecuencias ambientais para o territorio e por que pechará a súa explotación? Que distincións se lle deron á zona? Que bens comprende? 




Podedes consultar as seguintes páxinas para saber máis e ver outras imaxes igual de impactantes.



http://parquemineroderiotinto.es/
http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/

No hay comentarios:

Publicar un comentario