AVISO

Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

lunes, 11 de enero de 2016

A Beleza dos Socalcos de Arroz Chineses



Agora que estamos estudando os recursos naturais e as actividades agrarias quería que coñecésedes os maravillosos socalcos de arroz que están situados nunha provincia do sur de China ( Yunnan, en Yuanyang) e que levan sendo excavados manualmente dende fai centos de anos.



Quizáis por iso e pola súa beleza, os socalcos de arroz de Honghe foron galardonados como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2013. ( Aquí)  


 Dícese que hai ata mil terrazas dende o cumio da montaña ata o val e dependendo da época do ano e do momento do día as cores son miles, diferentes e brillantes. Podería ter plasmado algún pintor tanta beleza? 


Todas as imaxes exceptuando a segunda que foi extraída de Wikipedia pertencen a un artigo en línea dun xornal inglés o Daily Mail ( premede aquí para ver máis imaxes)

No hay comentarios:

Publicar un comentario