AVISO

Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún propietario non desexa que as súas creacións aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

miércoles, 17 de febrero de 2016

Unha Fermosa Historia



Esta é unha curtametraxe realizada por Sarah Rozik, unha rapaza de vinte anos exipcia que gañou un premio nun festival de cine ( Luxor)  no seu país, baseada nunha situación vivida por Ghandi. 

Mirádea, non vos deixará indiferentes!!!



A Pirámide de Poboación de Galicia


Por primeira vez, a pirámide de poboación de Galicia invertíuse. O último escalón da pirámide de idade que abarca a cohorte de 85 anos en adiante, é máis ancho ca base na que se representa aos menores de catro anos. O futuro demográfico  para a nosa comunidade é terrible e as consecuencias económicas máis todavía. 

Deíxovos a pirámide elaborada polo xornal " La Voz de Galicia" na que podedes ver a diferencia existente entre a poboación en 1991 e a actual así como o link ao seu artigo para saber máis. Premede aquí


lunes, 25 de enero de 2016

Seismo en Andalucía




Esta noite tivo lugar no sur de España un terremoto cunha magnitude de 6,3 na escala de Ritcher. O epicentro estivo no Mar de Alborán, un lugar de moita actividade das placas tectónicas e se sentiu en case toda Andalucía, pero Melilla foi a cidade máis afectada. Houbo 43 réplicas máis. 



Para saber máis: Imaxes e texto: o xornal El País: Aquí

A Tormenta Xonás Golpea Estados Unidos



20 estados bloqueados, 70 millóns de persoas en alerta, 25 mortas,colapsáronse todo tipo de servizos...Está sendo a segunda peor tormenta ocorrida dende fai un século e medio.Comezou na tarde do venres e parece ser que non vai parar ata a noite do domingo. 




 A fonte das fotos e o texto é do xornal " El País". Premede Aquí se queredes ver e leer máis.